Unha nova edición ,a cuarta, da Semana do Patrimonio Invisible de Pontevedra botará a andar polas rúas entre o 11 e o 14 de xullo. Como é marca deste popular evento, grazas á súa proposta será posible coñecer singulares espazos da cidade un tanto agochados ou ocultos aos ollos da veciñanza, que se articulan a través das rúas, as prazas, os edificios do municipio e que non sempre están dispoñibles para ser visitados. Nesta nova edición a veciñanza poderá entrar como nunca antes entrou no Pazo de Gandarón, San Bartolomeu, os xardÃns de Lourizán, San Salvador de Lérez, o Parador e o Teatro Principal.
O obxectivo da Semana do Patrimonio Invisible non é outro que ser un ciclo promovido desde a área de dinamización social e cultural do Concello de Pontevedra para abrir as portas de tesouros, habitualmente fechados, e deseñar unha serie de visitas guiadas en pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas levan por bandeira dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que serán visitados. AsÃ, as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa de confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante. As peticións poderán facerse a partires do 8 de xullo. Para facer as reservas é preciso entrar na páxina web oficial www.patrimonioinvisible.gal e completar o formulario de reservas. Co fin de garantir o acceso á actividade ao maior número de persoas, cada solicitante só poderá reservar un máximo de tres visitas para dúas persoas.