A Semana do Patrimonio Invisible de Pontevedra abre seis espazos da cidade

As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 14 ás 12 da mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Semana do Patrimonio Invisible de Pontevedra abre seis espazos da cidade

A Semana do Patrimonio invisible ofrecerá visitas guiadas a lugares especiais da cidade entre o 17 e o 20 de xullo. Desta volta, a oferta destas visitas en grupos reducidos inclúe a igrexa de san Bartolomeu, o templo dos xesuítas da cidade. Durante a visita, poderanse ver algunhas pezas non expostas. A visita ao Parador, que ten o nome tradicional de Casa do Barón, permitirá coñecer a dilatada historia deste inmoble que naceu como residencia aristocrática pero que logo foi depósito de sal, parque de bombeiros, orfanato, escola e oficina de correos. No convento de san Francisco visitarase a igrexa, o castro e "outras sorpresas": No café Moderno coñecerase este histórico inmoble vinculado á cultura pontevedresa e a reforma de Álvaro Siza. Tamén se visitarán negocios históricos da cidade, como a farmacia J.L. Domínguez, que conserva a súa estrutura desde 1876, e a imprenta Peón, pechada o pasado decembro, e que aínda mantén a maquinaria in situ. A Casa do Concello, recentemente rehabilitada, será tamén obxecto de visitas.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Pontevedra, Álvaro Siza

Claves

Protagonistas
Lugares