A provincia de Lugo celebra a súa primeira Semana do Patrimonio Invisible

Permitirá achegarse entre os dias 7 e 8 e os 14 e 15 deste mes a nove espazos que habitualmente están fechados ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A provincia de Lugo celebra a súa primeira Semana do Patrimonio Invisible

A partir das 12 da mañá deste 5 de xuño abre a reserva de prazas para primeira Semana do Patrimonio Invisible de Lugo. A Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial promove esta iniciativa, que permitirá visitar nove espazos de toda a provincia que habitualmente permanecen fechados ao público.

As visitas guiadas que compoñen o programa desenvolveranse os días 7 e 8 e mais os 14 e 15 de xuño, e permitirán achegarse ao Encoro de Belesar (Chantada), a Ferrería de Penacova (Bóveda), a Igrexa do Hospital (O Incio), o Parador de Monforte e a Igrexa de San Vicente do Pino, na mesma localidade, o Pazo de Ferreiroá (Pantón), o Seminario de Mondoñedo, o Mosteiro de Lourenzá, os Mananciais de Mondoñedo e a Cova de Santalla de Lóuzara.

As reservas para participar na iniciativa son gratuítas e están limitadas a un máximo de dúas visitas para dúas persoas por solicitante.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Lugo, Normalización Lingüística, Deputación Provincial...