
De xeito similar, a Casa Museo de RosalÃa de Castro abre tamén as súas portas o 2 de xuño. Tamén cunha redución de capacidade ata 21 persoas e sen visitas guiadas, o espazo mantén o seu horario habitual. Segundo explica a Fundación que xestiona o centro, "o percorrido pola Casa-Museo estará regulado e guiado por marcadores de distancia e indicadores", cun máximo de tres persoas por sala.
Tamén o Concello de Vigo agardou ao comezo deste mes para pór en marcha de novos os seus museos. Quiñones de León, Verbum, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Pinacoteca Fernández del Riego, Museo Liste e MARCO. Todos eles acollerán visitas individuais ou de unidades familiares, ata un terzo de capacidade e a contar con dispensadores de hidroalcohol e sinaléctica para manter as distancias de seguridade.