Comezan as actividades do Día Internacional dos Museos

Celébrase o vindeiro 18 de maio con xornadas de portas abertas en centros de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Comezan as actividades do Día Internacional dos Museos

A coincidir o vindeiro 18 de maio a celebración do Día Internacional dos Museos, a Consellaría de Cultura anunciaba esta mañá o programa de actividades dos doce centros deste tipo que dependen do organismo. Así, canda á habitual xornada de portas abertas que se desenvolverá o vindeiro domingo, celebraranse ao longo da semana actividades como o concerto de Vertixe Sonora Ensemble ou as proxeccións de documentais que ofertará o CGAC, a actuación de Pepe Penabade no Museo do Castro de Viladonga ou as visitas guiadas que ofertará o Museo Arqueolóxico de Ourense.

En Compostela, o CGAC, o Museo do Pobo e mais o Museo Fundación Eugenio Granell, o Museo Pedagóxico de Galicia e o Museo Fundación Catedral participan nun proxecto de intercambio de material polo que cada un deles expón unha peza doutro. Asimesmo, no Museo do Pobo Celso Fernández Sanmartín está a desenvolver a actividade Apeiros, "un percorrido pola colección descubrindo as historias das xentes que fixeron a Historia do país"

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito