En plena resaca do DÃa das Letras Galegas, a cultura do paÃs celebra este 18 de maio o DÃa dos Museos. A data, como é habitual, concentra un lote de actividades nestes centros, que propoñen visitas guiadas, xornadas de portas abertas, música e obradoiros. Nos museos que dependen da Xunta de Galicia, o programa inclúe medio cento de propostas que se prolongarán ata a fin de semana, cando está previsto que se desenvolva a Noite dos Museos.
A efeméride inclúe varios roteiros, como o que organiza o Museo das Peregrinacións e de Santiago arredor da flora urbana, o que prevé o Centro Galego de Arte Contemporánea sobre arquitectura ou o itinerario monográfico Historia dunha salgadura que vai e vén que artella o Museo Massó en Bueu.
Na Noite dos Museos, o Museo de Belas Artes da Coruña desenvolverá un horario especial de apertura ata as 23:30 horas, e ademais celebrará a performance lúdica colaborativa Picasso infinito, a facer creacións a partir obras do pintor con materiais reciclados.
Na Fundación Camilo José Cela conmemoran a efeméride co Lesetreo, un programa que se desenvolve ao longo de toda a semana e que inclúe a celebración do DÃa das Letras, do dos Museos e mais do aniversario do escritor, o pasado 11 de maio. O Museo do Castro de Viladonga celebra a xornada con actividades de orientación e xogos tradicionais.
En canto a actuacións musicais, poderá verse a Odaiko CGAC, ao Coro da Rá no Museo das Peregrinacións, Xavier Blanco no Museo do Viño de Ribadavia e a Agrupación Cultural La Trova Coruñesa e Son de Corda no do Castro de Viladonga, entre outras actividades.