Os museos de Galicia, preparados para celebrar a súa festa

O Día Internacional dos Museos conmemórase este 18 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Os museos de Galicia, preparados para celebrar a súa festa

Non todo vai ser Día das Letras a vindeira semana. O 18 de maio, o Día Internacional dos Museos concentrará un bo feixe de actividades por todo país. Para comezar, non se pode esquecer que a entrada será de balde en todos os centros deste tipo. A maiores, moitos deles celebran xornadas de portas abertas e complementan a súa oferta habitual con outro tipo de propostas. Visitas guiadas, proxeccións ou mesmo concertos como o que acolle o 15 de maio o Museo Etnográfico de Ribadavia. As celebracións prolongaranse alén do propio 18 coa Semana dos Museos, e o día 21 moitos destes espazos acollerán tamén propostas a conmemorar a Noite dos Museos. Ademais dos espazos dependentes da Xunta, tamén a Rede Museística da Deputación de Lugo presentou o seu propio programa de actividades.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Deputación de Lugo, Ribadavia

Claves

Conceptos
Lugares