
A maiores, desde a Xunta de Galicia anuncian unha baterÃa de actos de conmemoración que queren achegar estes espazos aos públicos. Deste xeito, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia. Organiza visitas guiadas que permitirán coñecer zonas restrinxidas das instalacións e curiosidades deste espazo cos tÃtulos Baixo pel do museoe Gaiás secreto.
No Museo de Belas Artes da Coruña, pola súa banda, desenvólvense visitas musicadas ao longo de todo o dÃa, e para o sábado 21, coa Noite dos Museos, estas acompañaranse de obradoiros para familias e un concerto de soul. A coincidir coa celebración, o Museo do Mar de Vigo inaugura o dÃa 19 a exposición de fotografÃa histórica O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, que se puido ver anterioremente na Cidade da Cultura.
Tamén o Museo das Peregrinacións aproveita para abrir mostra fotográfica, neste caso, Percorrer o tempo. Esta mostra itinerante centrada en visións contemporáneas sobre o Camiño de Santiago, abrirá as súas portas no centro o venres 20 acompañada de obradoiros e unha conferencia.