
A coincidir coa data presentábase onte no Centro Galego de Arte Contemporánea o ciclo Música e arte. correspondencias sonoras que hoxe mesmo celebra a súa primeira actuación neste mesmo espazo. Magnetismo un concerto que utiliza elementos teatrais e visuais a través das obras de Teresa Treccozzi e Giovanni Santini abre o programa ás oito da tarde de hoxe. O programa inclúe 13 obras de autores de música contemporánea procedentes de Alemaña, Arxentina, Canadá, Colombia, España, Estados Unidos, Israel, Italia, México e Rusia nas que se integran música e arte contemporánea.
Na Cidade da Cultura apostan por visitas guiadas en trece modalidades diferentes (familiares, online, maratón de visitas, nocturnas ou arquitectónicas entre outras) ademais de obradoiros de retrato fotográfico, xestión de museos ou un photocall entre outras propostas. Na Coruña tamén complementan as xornadas de portas abertas con propostas como un espectáculo de improvisación teatral, visitas exprés ou obradoiros de arqueoloxÃa.