Este sábado 18 de maio celébrase o DÃa Internacional dos Museos e numerosas entidades museÃsticas do paÃs ofrecen unha programación especial destinada a facer visible a función dos museos na sociedade. Os diferentes museos de Compostela agrupáronse na iniciativa DIM'2019, que permite ofrecer unha programación conxunta na que participan o CGAC, o Museo do Pobo Galego, o Museo das Peregrinacións, o MUPEGA, o Museo de Historia Natural da USC, o Museo da Catedral, a Casa da Troia e a Fundación Eugenio Granell. A Cidade da Cultura tamén contará cunha programación especial de visitas comentadas, música e obradoiros. Afundación ofrecerá tamén actividades relacionadas coas exposicións abertas nas súas diferentes sedes. As actividades tamén chegan a museos máis locais. Exemplos son o Museo do castro de Viladonga, en Lugo, realizará actividades de demostración do uso do liño e da lá na antigüidade, e actividades musicais. O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal vai realizar unha xornada de portas abertas.