A celebración do DÃa dos Museos está a motivar que este 18 de maio, como cada ano, estea cheo de actividades culturais promovidas desde estes espazos. Baixo o lema internacional deste ano Museos e historias controvertidas: Dicir o indicible nos Museos estes espazos abren hoxe as súas portas de balde, e ademais ofertan en moitos casos actividades que convidan a reflexionar sobre o propio papel dos museos na sociedade. En Compostela, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Fundación Eugenio Granell, o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), o Museo da Catedral e o Museo Casa da Troia celebran conxuntamente a data cunha serie de actividades compartidas. Algúns, como o do Castro de Viladonga, o de Belas Artes da Coruña ou os centros de Rede MuseÃstica da Deputación de Lugo, amplÃan o seu horario nesta data para celebrar asà a Noite dos Museos.