O enxeño e a vitalidade que amosan os museos son as principais fortalezas deste tipo de centros. Cada dÃa 18 de maio reivindican a súa función, co gallo do DÃa dos Museos, que este ano ten o lema “Memoria+creatividade=Progreso social”. Afectados pola situación de crise, algúns centros celebran a efeméride reunindo a súas forzas. É o caso de seis centros de Santiago (Museo das peregrinacións, a Fundación Granell, o Museo Pedagóxico de Galicia, o Museo da Catedral, o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea) que do 14 ao 18 contarán nos seus espazos narracións en directo con música, visitas guiadas con convidados especiais ou compositores de música contemporánea interpretando pezas inspiradas nas exposicións actuais. As actividades, todas elas de balde, terán lugar entre o 14 e o 18.
Non é o único centro que celebra este dÃa, a Fundacion Camilo José Cela xunta outras dúas efemérides máis (o aniversario do premio Nobel padrones, quen cumprirÃa 97 anos o próximo 11 de maio, e o DÃa das letras Galegas) para celebrar “Letreseo: Semana das letras no Museo”. Esta proposta inclúe actividades para colexios de infantil e primeria (obraodiros didácticos e un espectáculo teatral), asà como a exposición “Andanzas e desventuras de Camiliño Josesiño na escola” , que exhibe os resultados dun programa escolar que ten este centro. Ademais, para secundaria e bacharelato haberá outro tipo de obradoiros. O propio DÃa das Letras Galegas, terá lugar o taller de teatro de sombras para familias (adultos e nenos ata 12 anos) “Sombras en familia”. Todas as actividades son tamén de balde.