Feiras, exposición e días de portas abertas conmemoran o Día Internacional dos Museos

Con museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Baixo o lema “Os museos e os seus amigos” celébrase este ano o día Internacional dos Museos. E para conmemoralo cada museo ofrece as súas iniciativas. En Santiago, o CGAC, o museo do Pobo Galego, o das Peregrinacións e a Fundación Granell desenvolven unha programación conxunta para toda a semana. En Lugo, o museo provincial organizou para o domingo unha feira de arte e de lecer aproveitando a celebración. O obxectivo é dar a coñecer o novo museo para o que tamén teñen editado “Contos no museo”. Ademais, diferentes centros exhibirán unha carta en que amosan a súa preocupación pola conservación do patrimonio en lugares en que acontecen conflictos bélicos.

Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de El Progreso

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Feira, Contos, El Progreso...