Nove museos conseguiron 830.000 visitantes no 2006

Os (outros) números dos museos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os Museos Científicos Coruñeses (a saber, Casa das Ciencias, Domus e o Acquarium), o museo e as cubertas da Catedral de Santiago e mais o museo de Pontevedra son os tres complexos do noso país que máis visitantes reciben. No 2006 foron a cada un deses centros máis de cen mil visitantes. Séguenlles en usuarios o Museo do Pobo Galego, en Santiago, con 87.308, o Museo Provincial de Lugo con 85.000, e o Centro Galego de Arte Contemporánea con 57.580. Pecha a listaxe dos centros máis frecuentados o Museo de Belas Artes da Coruña con 40.027 visitantes.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre as visitas aos museos de arte contemporánea do país na nosa nova

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito