Os museos científicos reciben máis visitas que os de contido artístico

Ciencia versus arte

No 2006 o Concello da Coruña presentou un lema que rezaba “A ciencia tamén é cultura”. Unha campaña para promover os museos científicos que, segundo publica hoxe o “Faro de Vigo” deulle moi bos resultados, xa que os tres centros (Domus, Casa dos Peixes e Casa das Ciencias) están entre os catro museos máis visitados. Os datos do estudo elaborado por este xornal destacan que o Museo da Catedral de Santiago está en terceiro lugar con 131.528 visitas, aínda que lonxe das 322.410 que acadou a Casa dos Peixes. Os museos de arte contemporáneo incrementan as súas visitas (MARCO gaña 15.000 visitas e sitúase nos 87.000 e o CGAC preto de 5.000 quedando en 62.262) pero aínda están lonxe das que ten o Museo de Pontevedra (112.568) ou a Casa das Artes (109.458).