Un total de nove. A Coruña terá nove centros e museos que exhibirán de xeito didáctico a arte, a ciencia e a historia da cidade herculina. A actual oferta cultural, coa Casa das Ciencias, a dos Peixes, o Castelo de Santo Antón e a Torres de Hércules multiplicarase en breve. Os novos proxectos inclúen dende a recuperación das casas de tres históricos (Casares Quiroga, MarÃa Pita e Picasso) ata a creación do Parque Atlántico.
Proxectos para os vellos edificios
A cidade da Coruña contará en breve cunha gran variación dos edificios que albergan a súa oferta cultural. O único que non sufre unha modificación importante será a Torre de Hércules, polo demais, o Castelo de Santo Antón deixará de albergar o Museo Antropolóxico, que será trasladado ó parque de Elviña. Polo demais, a Casa das Ciencias acometerá unha profunda reforma das súas salas; entre as novidades máis destacadas xorde a incorporación dunha sala sobre a xenética.
e as novas ofertas culturais
E dentro nos novos edificios que se proxectan figuran en primeiro lugar a recuperación de tres casas de personaxes moi coñecidas para os coruñeses: Picasso, que pasou unha temporada na Coruña cando era novo, MarÃa Pita e Casares Quiroga. Sons as novas casas-museo e que contan cun presuposto de 250 millóns de pesetas. Polo demais, a Fundación Luis Seoane contará cun museo propio que conta cun presuposto de 292 millóns de pesetas e que o concello investirá 116 este mesmo ano. Ademais, o Parque Atlántico contará cun novo complexo museÃstico con Mariposario, xardÃn botánico, Casa das Prantas e granxa-escola. Un edificio que se comezará a construir este ano e que estará construido, previsiblemente a partires do 2003. A ofreta cultural completarase coa Casa dos Antepasados, que custará máis de mil millóns de pesetas e que amosa un museo interactivo con excavacións arqueolóxicas en directo.