No 2006 recibiu 40.027 visitantes, este ano Cultura reforzou o seu orzamento para aumentar unha colección que conta con obras de Goya e de Rubens. Foi creado en 1922 malia que non tivo sede propia ata 1947. Desde entón é un dos centros con máis visitantes de todos cantos museos hai na Coruña. Estas son só algunhas das cifras do Museo de Belas Artes, un dos grandes descoñecidos que ten moito que dicir no panorama museÃstico.
Manuel Mosquera, conservador do museo explica que “este venres inauguraremos “Alison&Peter Smithson”, unha exposición sobre este matrimonio de arquitectos que recolle toda a súa obra que sentaron as bases do Novo Brutalismo e do Movemento da Arte Pop nos anos sesenta”. Unha actividade que complementarán os clásicos ciclos de cine “Arte no celuloide”, os obradoiros infantÃs, un de danza e cos ciclos de concerto de primavera que, segundo explica Mosquera, “fan relación coas salas do museo, prestando especial atención á música barroca”. Pero non só iso, á par da colección permanente (que este ano vai sufrir unha fonda remodelación), desenvolven actividades en colaboración co Festival Mozart, co que programarán algún concerto neste espazo que foi inaugurado en 1995.
Deseñado por Manuel Gallego Jorreto, o novo edificio sitúase no solar do antigo convento das monxas capuchinas, do que unicamente se conservou a fachada do século XVIII (obra de Fernando de Casas). O edificio foi galardoado co Premio Nacional de Arquitectura en 1997, un feito que para Manuel Mosquera foi determinante no incremento de visitantes. “Nos meses posteriores a ter recibido o premio, o edificio foi moi visitado por xente chegada de diferentes partes, tanto de fóra de Galicia como de dentro”, apunta este conservador que tamén asegura que boa parte do público é da área metropolitana da Coruña. “Hai moito turista de Cataluña e de Madrid, ademais dun incremento do público estranxeiro: sobre todo ingleses, portugueses, e ultimamente italianos” matiza.
A colección
“Legalmente o museo nace en 1922 pero non inaugura o edificio ata 1947, entre mentres o director de museo fai un traballo de recollida de pezas e comeza a conseguir cesión de obra por parte do Concello e do Ministerio e empeza asà a recolectar o que estaba disperso” asegura Manuel Mosquera. A colección do museo conta con pezas do S. XVI con obras de Morales, Juan de Juana da Escola Española ou as obras de Vicente Carducho, unhas que fixo para a Cartuxa do Paular na Serra do Guadarrama, que fan parte dun dos ciclos monásticos da pintura española do XVII. Esta colección complétase co floreiro de Arellano, un San Pablo de Rivera, un San Francisco de Sánchez Coello e a Magdalena de Morales.
De entre todo o que hai, Manuel Mosquera destaca as pezas de Rubens e os gravados de Goya que, ata hai pouco, era o único lugar do Estado no que se podÃan visitar. “Hai pintura rexionalista de finais do XX, con obras de Soutomayor que son moi significativas, asà como obras de Llorens, Corredoyra e Castelao. Tamén se expoñen todos os representantes galegos que asumiron a linguaxe da vanguarda internacional, como Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro e Eugenio Granell, asà como os pintores abstractos da xeración do 50”.
Este ano, a colección permanente expositiva pasará por un fondo proceso de remodelación que se verá favorecido por un incremento económico para a adquisición de obras. “A ConsellarÃa recuperou para os Museos o 2% cultural que antes Ãa destinado ao Xacobeo e, dentro deste novo reparto económico, nós teremos máis cartos para comprar obra” explica Manuel Mosquera.
As tendencias
Con máis de oitenta anos de traxectoria, o Museo de Belas Artes pode deixar ver tendencias no seu proxecto. “O Museo estivo moi condicionado porque os directores do museo foron pintores. Esta etapa abrangueu desde o ano 19747 ata os 80. Estivo moi vencellado á Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, que fixo moito fincapé na cultura rexionalista e academicista galega”. Nos anos 80, coa entrada de directores abriuse a colección á pintura do século XX e LuÃs Seoane volveu ser unha referencia no museo. “Coa entrada desta xente de carácter profesional cambiou o concepto da dinamización do museo, coa participación de programa didáctico, coa atención dos escolares que ata este momento estaba afastada. Supuxo a entrada do novo edificios e unha nova dimensión para o centro” asegura Manuel Mosquera.
Ademais, desde hai dez anos funciona a “Asociación de amigos do Museo de Belas Artes”, unha entidade creada para a dinamización social do centro co público do seu contorno. Organiza actividades como visitas guiadas para socios e organizan viaxes para coñecer diferentes museos tanto galegos como de fóra. Manuel Mosquera recoñece que “hai outros museos para os que este tipo de sociedade se converte noutra figura administrativa con relevancia na xestión do centro, pero neste caso simplemente teñen o cometido da dinamización”