O 5,6% da poboación galega visitou os oito museos que dependen da Consellaría de Cultura

O cinco que ve os oito

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os oito museos que dependen da Consellaría de Cultura recibiron 157.419 visitantes ao longo de 2004. Isto supón un total do 5,6% da poboación do noso país, situándose a media de visitas de todos estes centros en 19.600 persoas. Estes datos, que publica "Galicia Hoxe" recollen as visitas do Centro Galego de Arte Contemporánea, o Parque Etnográfico do Cebreiro, o Museo de Belas Artes da Coruña o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Massó de Bueu, o Museo do Castro de Viladonga, o das Peregrinacións e o Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Máis información en Galicia Hoxe sobre as visitas aos museos da Consellaría; sobre as visitas ao CGAC; lista dos museos no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito