A Celebración do Día dos Museos motiva diferentes celebracións en todo o país

Hoxe, museos de balde

Aínda na resaca do Día das Letras, o país vive unha nova celebración cultural. O Día dos Museos motiva actividades de celebración en boa parte dos centros deste tipo do país, que ademais terán entrada libre. Deste xeito, a Consellaría de Cultura agasallará os visitantes que se acheguen aos centros que dependen deste organismo. Tamén o Macuf achegará un libro ou unha planta aos visitantes, mentres o CGAC abre a súa terraza e realizará proxeccións, mentres o MARCO achega visitas guiadas, danza e obradoiros.

Máis información no web da Xunta; web do Macuf; web do CGAC; e no web do MARCO; o noso tema sobre o prezo dos museos