Os museos celebran o seu día con xornadas de portas abertas e actividades divulgativas

Un día para ir ao museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Danza, contacontos, concertos musicais ou obradoiros de expresión creativa cos fondos son algunhas das actividades programadas polos museos dependentes da Consellaría de Cultura para o Día dos Museos. Unha celebración que ten lugar cada 18 de maio e que estes centros aproveitan para achegarlle ao público o seu traballo de recuperación do noso patrimonio cultural. Canda a isto, son numerosos os centros que ofertan unha xornada de portas abertas que permite o acceso de balde aos seus fondos. Na provincia de Lugo, van alén e programan, a partir de hoxe, a Semana dos Museos.

Máis información sobre as actividades no web da Consellaría de Cultura en La Voz de Galicia; os museos de lugo en La Voz de Galicia e sobre o Día dos Museos na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, La Voz de Galicia, Lugo, Danza...