Xornadas de portas abertas celebran hoxe o seu día internacional dos museos

Museos intanxibeis

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. E os centros galegos non quixeron perderse unha efeméride que pretende recordar nesta edición ao patrimonio inmaterial. Por iso, os centros dependentes da Consellaría de Cultura festéxano cunha xornada de portas abertas, pero hai máis iniciativas. Por unha banda, os museos de Santiago editaron un tríptico en tres idiomas para animar a visitantes e cidadáns a visitalos; e por pola outra, na Coruña, a Fundación Luís Seoane organiza unha sesión sobre os futuros centros que acollerá a cidade mentres que o Museo de Belas Artes da Coruña preparou unha xornada de teatro na rúa.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Fundación Seoane

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Luís Seoane, Belas Artes, Teatro...