Hoxe, 18 de maio, os Museos celebran o seu dÃa. E a mellor forma para facelo é por en valor todo o seu traballo. Os centros que dependen da ConsellarÃa de cultura terán unha xornada de portas abertas e luciran o lema “O museo, ponte entre culturas”. O Museo de Belas Artes da Coruña celebra a efeméride cunha representación que amalgama danza e arte en diferentes espazos do centro. En Vigo, O Marco inaugura unha nova instalación interactiva (Aquófono), o Quiñones de León celebrará unha conferencia que se completará cun taller cultural, mentres que o Museo do Mar, o Verbum, a Fundación Laxeiro, o Arquivo Pacheco e o Museo Liste farán unha xornada de portas abertas.
Máis información en Galicia Hoxe, Diario de Ferrol e en La Voz de Galicia