O MACUF leva a Zagreb parte dos seus fondos artísticos

Promesas no leste

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Fragmentos do todo. Arte español actual na colección do Macuf” é o título da exposición coa que o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa achega en Croacia a arte española. A mostra deste museo situado na Coruña presenta unha escolma na que hai nutrida representación galega. As obras de Vicente Blanco ou do fotógrafo Vari Caramés son algunhas das pezas que se poderán ver en Zagreb grazas á colaboración coa Embaixada de España en Croacia.

Máis información no web do Macuf en La Opinión e sobre o Macuf na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Macuf, Vicente Blanco, Vari Caramés, La Opinión...