O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compareceu onte ante o Parlamento de Galicia, onde deu conta dos resultados de visitas dos museos integrados na rede da Xunta. Segundo explicou Lorenzo, en 2014 un total de 277.113 visitantes pasaron por estes espazos, o que supón un incremento de case 20.000 persoas fronte a 2013, cando foron 257.232 as visitas. O secretario xeral destaou o crecemento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, cunha taxa do 158 por cento mercé ás exposicións temporais sobre o Padre Feijoo e a obra de Parada Justel. Os datos tamén revelaron incrementos no Museo Etnolóxico de Ribadavia (60,2%) e no Museo Massó de Bueu (18,6%) con 9.946 e 18.932 visitantes en 2014, respectivamente.