Paula Cheshire presenta a BD La receta de la magia

Abel Alves e Esteban Tolj continúan as aventuras de Antón dedo D'ouro en O segredo da serpe

A editora española Grafito Editorial lanza a última BD da autora pontevedresa Paula Cheshire. La receta de la magia é unha historia de humor e fantasía sobre unha meiga que inicia a súa carreira como creadora de pocións e que, por erro, enche a aldea de cogumelos mutantes.A novela gráfica, de 128 páxinas a toda cor, ponse en prevenda o 13 de setembro a través de Internet e ten previsto chegar ás librarías a partir do vindeiro 12 de outubro.

Pola súa banda, Demo Editorial presenta este mes de setembro O segredo da serpe, obra que se desenvolve no mesmo universo que A tumba de Breogán, publicada en 2018.

O guionista Abel Alves e o debuxante Esteban Tolj continúan neste volume as aventuras do bandoleiro Antón Dedo D'Ouro na Galicia do Rexurdimento. Nesta ocasión, a propia Rosalía de Castro lle encarga ao protagonista localizar o paradoiro do seu home, Eduardo Pondal, un caso que o levará ata unha aldea onde se manteñen antigos cultos ás serpes.