Logo de obter o premio do Ministerio de Cultura de Uruguai para a edición de novela gráfica, a BD Sangre y sol con guión do ferrolán Abel Alves, sae á venda neste país e mais en Arxentina. A editorial Dragón Cómics publica este traballo, con debuxos de Nahus SB, no que se narran as aventuras dun bandoleiro galego no Xapón de mediados do século XIX.
En paralelo, o compostelán José Ángel Ares debuxa Bitcoin: La caza de Satoshi Nakamoto sobre un guión de Alex Preukschat e Josep Busquets. A obra, publicada pola editora madrileña Dibbuks ve a luz e achega unha historia de aventuras coa historia desta moeda virtual como fondo.