Abel Alves e Esteban Tolj presentan A tumba de Breogán

Demo Editorial publica esta novela gráfica de aventuras ambientada na Coruña de 1870

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Abel Alves e Esteban Tolj presentan A tumba de Breogán

Unha novela gráfica de aventuras ambientada na Coruña do XIX pola que pasan personaxes históricos como Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal. Esta é a proposta do guionista Abel Alves e do debuxante Esteban Tolj en A tumba de Bregoán, unha obra que presentaban o pasado 27 de novembro e que ve a luz da man de Demo Editorial coa colaboración do Concello da Coruña. Segundo anunciou o editor Manel Cráneo na presentación da obra, ao longo do ano desenvolveranse na cidade unha serie de iniciativas divulgativas sobre o patrimonio e a historia da cidade a partir da obra "na que se recoñece o ambiente literario da Coruña e Galicia de finais do século XIX". A historia da BD comeza en 1870 cando nunha reforma na Torre de Hércules aparece un segredo vinculado ao líder castrexo Breogán.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Breogán, Demo, Demo Editorial, Manuel Murguía...