Manel Cráneo adianta o seu novo álbum Os lobos de Moeche

A editorial Demo preséntase con esta obra de tema medieval

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Manel Cráneo adianta o seu novo álbum Os lobos de Moeche

A segunda obra longa de Manel Cráneo, logo de Damsmitt, verá a luz entre marzo e abril deste ano. Os lobos de Moeche é unha historia de aventuras que se ambienta na Galicia da revolta irmandiña. O álbum, do que xa se poden ver a capa, un teaser e varias páxinas na rede, supón a presentación da editorial Demo. Esta empresa "inicia a súa andadura apostando polo cómic en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica", segundo explican no seu web. Os lobos de Moeche publícase en colaboración coa entidade Euroeume, que empregará a obra coma material promocional no Museo do Castelo de Moeche.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moeche, Manel Cráneo, Demo, Castelo...

Claves

Protagonistas
Lugares