Manel Cráneo presenta A Torre dos Mouros

A banda deseñada fai parte das accións de divulgación do proxecto Torre dos Mouros

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de A Torre dos Mouros

Capa de A Torre dos Mouros

Unha banda deseñada que amosa as primeiras interpretacións sobre como era a vida na fortaleza da Torre dos Mouros, en Carnota. Esta é a proposta que fai Manel Cráneo na obra A Torre dos Mouros, que presenta o vindeiro venres neste Concello. A obra, que fai parte das accións de divulgación deste proxecto de investigación arqueolóxica, conta co asesoramento do xornalista Manuel Gago e do arqueólogo Antón Malde, e ve a luz co apoio da Consellaría de Cultura. O volume consta de 16 páxinas a branco e negro, e distribuirase coa segunda edición de Os lobos de Moeche deste mesmo autor, que sae á venda este mes. Os voluntarios que participaron no acondicionamento do depósito este verán recibirán un exemplar da obra asinado polo autor.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha torre de cidadáns

Unha torre de cidadáns

O proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros procura implicar aos veciños de Carnota na descuberta do seu propio patrimonio cultural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Manel Cráneo, Banda deseñada, Manuel Gago...