O Proxecto Castro de Mallou volve levar a arqueoloxía pública a Carnota

O obxectivo é crear un Museo Aberto de Carnota

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Proxecto Castro de Mallou volve levar a arqueoloxía pública a Carnota

O ano pasado o equipo dirixido polo arqueólogo Antón Malde interviu na Torre dos Mouros, unha singular fortificación ubicada ao sur do arco de Carnota. Este ano, o Concello de Carnota abrirá o acceso para sete conxuntos de arte rupestre e promove o proxecto Castro de Mallou, destinado a recuperar este notable poboado da Idade do Ferro e crear un Museo Aberto de Carnota, que incorpore estes nove xacementos (A Torre dos Mouros, os 7 conxuntos de arte rupestre e o Castro de Mallou).

Cunha chea de actividades culturais complementarias (desde obradoiros literarios, obras de teatro que recrean o mito da Raíña Lupa, colaboración con ceramistas locais ou barferencias -conferencias nos bares), o proxecto busca acondicionar de novo o castro de Mallou e comezar a coñecer a súa arquitectura doméstica. O castro xa fora intervido en dúas campañas no ano 2007-2008, con campos de traballo da Dirección Xeral de Xuventude. As campañas desvelaran o acceso monumental ao castro, os corpos de garda e mesmo un alxibe.

O proxecto fai un chamamento á colaboración cidadá para recuperar o castro e vivir a experiencia dunha intervención arqueolóxica. No web oficial pódese atopar a información de como facer.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O espertar de Mallou

O espertar de Mallou

Científicos, divulgadores e técnicos voluntarios recuperan o castro de Mallou

Unha torre de cidadáns

Unha torre de cidadáns

O proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros procura implicar aos veciños de Carnota na descuberta do seu propio patrimonio cultural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carnota, Torre, Arqueoloxía, Idade do Ferro...