Trala desaparición progresiva da sociedade agraria, o castro de Mallou (Carnota), un excelente exemplo de poboado galaico fortificado da Idade do Ferro, ficou sepultado nunha densa capa de vexetación que fixo invisibles as súas estruturas pero tamén sepultou a súa memoria. Estas últimas dúas semanas, un equipo de arqueólogos, divulgadores, antropólogos, técnicos e voluntarios recuperou a memoria popular do castro e a actividade cientÃfica no recinto, nun proxecto promovido polo Concello de Carnota.
O castro como sitio arqueolóxico
Como era habitual na II Idade do Ferro, os castros non só eran poboados fortificados, senón que tiñan unha dimensión monumental, pensada para que foran recoñecidos a distancia. O castro de Mallou contaba con dúas murallas concéntricas que cinguÃan o alto dun outeiro e que se reforzaban na área sur, máis vulnerable, cunha terceira muralla. O que destaca do castro é que, mesmo sendo un recinto pequeño (unha hectárea no seu interior) destaca pola súa monumentalidade, en sitios coma o parapeto sur ou todo o sector occidental, onde se concentran moitos espazos de carácter simbólico, coma os penedos da RaÃña Lupa, ou arqueolóxico –a porta de entrada, uns posibles alxibe e corpo de garda-. Dispersas por todo o recinto, e creando unha densa trama, atópanse vivendas aÃnda visibles a simple vista.
A presenza mitolóxica da RaÃña Lupa no castro é un dos grandes atractivos do espazo. A RaÃña Lupa, contan as lendas de Mallou, chegou ao castro despois dos mouros, e sentaba nun trono ubicado no penedo máis alto do castro, dominando desde aà un amplo territorio que remataba no monte Pindo. A principal atribución da raÃña era controlar o paso das augas de regadÃo cara as fincas dos veciños, asumindo un curioso rol mÃtico de arbitraxe entre as xentes.
Mallou viviu dúas campañas arqueolóxicas en 2006-2007 realizadas pola empresa Anthropos, que coordinou un campamento de traballo da Dirección Xeral de Xuventude.
O Museo Aberto de Carnota
O castro intégrase nun proxecto máis amplo do concello de Carnota, que vai poñer en valor un itinerario cultural que ten como vértices a Torre dos Mouros –unha fortificación tardoantiga ou altomedieval-, sete estacións de arte rupestre e o Castro de Mallou, permitindo unha visita doada a tres mil anos de historia cultural.
Colaboración social
A partir da experiencia previa na Torre dos Mouros, levada a cabo o ano pasado, un equipo de arqueólogos, divulgadores, técnicos e voluntarios acudiron á creación dun proxecto de arqueoloxÃa pública no Castro de Mallou e que se celebrou nas dúas últimas semanas de xullo. O proxecto estivo coordinado no ámbito arqueolóxico por Antón Malde e no ámbito da produción e comunicación por Manuel Gago.
Tratábase de realizar unha gran limpeza do castro orientada á visibilización do sitio arqueolóxico e tamén a execución de pequenas sondaxes. “As sondaxes tiñan por obxectivo precisar a cronoloxÃa do sitio arqueolóxico”, sinala Antón Malde, “e tamén tentar comprender as diferencias entre os dous tipos de estruturas existentes no interior do castro, unhas alongadas e outras circulares”.
Para levar a cabo esta tarefa, fÃxose un chamamento público que incorporou preto de sesenta voluntarios ao proxecto. Público de toda Galicia e non só de Mallou , que colaboraron en todo tipo de tarefas, desde as limpezas de vexetación a tarefas de produción, de apoio aos arqueólogos ou de recollida de tradición oral. “O obxectivo”, sinalou Manuel Gago, “é xenerar unha nova cultura de relación co patrimonio cultural a partir de facer partÃcipe á sociedade dos procesos de descuberta e preservación do patrimonio cultural”.
Difusión e divulgación en tempo real
Coma o ano pasado na Torre dos Mouros, o proxecto contou coa colaboración do Grupo de Novos Medios da USC e con xornalistas para facer a difusión do proxecto conforme se Ãa realizando. A través de Facebook, Twitter e Youtube os internautas podÃan seguir a evolución do proxecto. As redes tamén servÃan de reclamo para as visitas fÃsicas ao sitio arqueolóxico.
Os resultados da intervención foron moi satisfactorios, segundo o director arqueolóxico, Antón Malde: “confirmamos que habÃa unha diferencia de factura entre as cabanas alongadas e as redondas. As alongadas, moito máis grandes, estaban feitas con moito máis coidado que as redondas, pero por agora carecen de restos de vida doméstica ou cotiá, como se servirán para outras funcions que aÃnda non puideron ser aclaradas. As sondaxes tamén permitiron observar a intensa actividade na área oeste do castro, onde tamén se fixo unha pequena sondaxe que revelou a presenza próxima dun ferreiro, asà como posibles evidencias de comercio púnico.
A restitución do vÃnculo: do porco á festa
Un dos aspectos máis importantes do proxecto era reconectar á comunidade local de Mallou co seu castro. Esta relación, abandonada durante moito anos, agochaba unha densa malla de usos tradicionais da superficie do castro e tamén unha rica tradición oral, exemplificada na escultura dun porco esculpida que os veciños baixaron do castro a finais dos anos 40 e puxeron nunha casa do centro da aldea. O canteiro de Mos Marcos Escudero falou cos veciños, reconstruÃu o porco e foi entregado nunha festa con música celebrada o sábado 27. 143 persoas, entre veciños de Mallou e do resto do concello participaron no acto de cesión do porco de pedra de novo á asociación de veciños. As vellas de Mallou percorreron o castro, as escavacións, e lembraron multitude de historias sober aquel lugar. “Mamá”, dixo unha filla na croa do castro durante a visita, ao escoitar os relatos da súa nai, “nunca me contastes nada disto”. “É que nunca me preguntastes”,contestou a nai. Agora, en Mallou, volven soar as preguntas.