Hai arqueólogos, arquitectos, estudantes de Historia, fotógrafos e xornalistas. Pero tamén deseñadores gráficos, empresarios de hostelerÃa, informáticos, profesores e de moitas outras profesións. Hai veciños do concello de Carnota e doutras partes de Galicia. O Proxecto Arqueolóxico da Torre dos Mouros pretende investigar unha gran fortificación pendurada sobre o Atlántico, pero moitas máis cousas: celebrar a arqueoloxÃa e o patrimonio como un ben colectivo, construÃdo entre todos.
A primeira hora da mañá dos sábados, un grupo de voluntarios de Carnota, coas desbrozadoras municipais ao lombo, suben unha empinada costa, atravesan dúas antigas liñas defensivas de pedra e entran dentro dunha nube espesa. Nas outonais condicións da primeira parte de xullo, as nubes engánchanse na Torre dos Mouros, unha espectacular fortificación de dúas hectáreas sobre a localidade carnotá de Lira, no estremo sur do arco de Carnota. Os voluntarios, con todo, saben ben que hai no interior da néboa: 6000 metros cadrados de toxo, xestas, silveiras e felgos por ronzar. Uns dÃas despois, o reto está feito e descúbrese unha gran área usada durante xeracións e xeracións de habitantes das aldeas da parroquia de Lira.
A crise e o déficit público devora os orzamentos municipais, pero iso non arredou ao Concello de Carnota de promover un proxecto de investigación que tenta determinar a cronoloxÃa deste lugar e que combina a acción de profesionais e voluntarios. Canda eles, varias empresas como Malde ArqueoloxÃa, DeHistoria ou Cool-Touring, ou entidades de investigación como o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC ou o Grupo de Investigación en Novos Medios da USC unÃronse no proxecto para desenvolver áreas tan diversas como a intervención arqueolóxica, a comunicación ou a investigación documental. O proxecto tamén conta cunha gran base de colaboradores de voluntariado que colaboran en diferentes tarefas dentro do proxecto, desde a microtoponimia e a recollida de folclore, ata o deseño gráfico, a limpeza do monte, o voluntariado turÃstico ou tarefas de apoio ao traballo dos arqueólogos.
A Torre dos Mouros dispón dun enorme perÃmetro amurallado de medio quilómetro, que rodea dúas áreas ben diferenciadas do antigo Monte de Lira. Desde o punto de vista cronolóxico, o lugar é un enigma, como sinala o arqueólogo Antón Malde, director técnico do proxecto: "ten como especial as caracterÃsticas construtivas que o distancian dos recintos fortificados mais habituais que coñecemos como castros. Ao mesmo tempo o emprazamento, claramente procurando unha gran visibilidade do mar comprendido entre Barbanza e Fisterra, que tamén difire co patrón de asentamento de castros próximos e da contorna. Por tanto... de que se trata? É anterior ou posterior á cultura castrexa? E por qué e para qué? Teño claro que polo tamaño non é un experimento senón algo deliberado e ben proxectado". Entre as hipóteses do grupo manéxase desde un antigo castro ata un recinto altomedieval de refuxio nos complicados tempos da piraterÃa marÃtima normanda, como parece suxerir algunha tradición local e a morfoloxÃa das construcións. Ou as dúas cousas!
Que está aparecendo
O proxecto leva dúas semanas de intervención arqueolóxica da Torre dos Mouros e atópase no ecuador da actividade. Ata o momento, os traballos arqueolóxicos confirmaron a existencia de estruturas murarias de gran potencia no interior do recinto. Segundo Antón Malde: "a monumentalidade que expresan os elementos defensivos ten un correlato interno: tense documentado edificacións de gran porte. Ao mesmo tempo detectamos outro sistema de edificación fundado posiblemente en materiais perecedeiros como madeira que se encaixan nun amplo e complexo sistema de escotaduras que actúan a modo de cimentacións que, quizá, podan dar conta do uso deste lugar. En calquer caso, o recinto non estivo baleiro, senón ocupado por edificacións construÃdas de distintas maneiras". Sen embargo, hai un enigma aÃnda non solventado. Malia a monumentalidade da estrutura localizada, un gran edificio oblongo anexo á muralla este, o equipo aÃnda non localizou case ningún resto de cultura material, como cerámica ou outro tipo de obxectos. O enigma cronolóxico, xa que logo, permanece.
A comunicación
Un dos aspectos máis novidosos da intervención é a colaboración do Grupo de Novos Medios da USC, un equipo de profesores e alumnos do Departamento de CC. da Comunicación. Os xornalistas, empotrados no interior do equipo arqueolóxico, van contando en tempo real os achados que están aparecendo a través das redes sociais, dialogan directamente coa audiencia e conciben a través de formatos transmedia: desde fotografÃa, ata vÃdeo e infografÃa interactiva. "O noso obxectivo", afirma Manuel Gago, profesor da Facultade de CC. da Comunicación e coordinador da área de comunicación, "é concebir a intervención arqueolóxica como unha parte máis da industria cultural. Facela rendible social e economicamente desde o primeiro momento. Cremos que tan interesante é para a audiencia os resultados finais como o proceso polo cal se chegan a eses resultados".
A conexión coa industria cultural é unha das claves deste proxecto. Como unha das experiencias piloto levadas a cabo polo equipo, o coñecido debuxante Manel Cráneo elaborará un cómic que explicará as primeiras interpretacións do equipo sobre a Torre dos Mouros e parte do traballo, como a localización dun rico folclore asociado ao xacemento. O cómic distribuirase a finais de setembro tanto en Carnota como nas principais librarÃas de Galicia. As actividades de difusión do coñecemento contan co apoio da ConsellerÃa de Cultura.
A socialización do coñecemento
Xa que logo, un dos obxectivos do proxecto é a creación dun contexto social favorable ao desenvolvemento de proxectos arqueolóxicos locais. Un dos elementos da estratexia son as Barferencias. "Queremos que a dinamización que sempre conleva un xacemento arqueolóxico se materialice en espazos importantes para a comunidade, nos que se perciba como un proxecto arqueolóxico xenera riqueza económica directa", asegura Manuel Gago. Xa que logo, o proxecto convida a arqueólogos a dar conferencias moi divulgativas nos bares do concello. Os vellos deixan as partidas de dominó e unha media de 70 persoas enchen os locais para estas conferencias, ata agora impartidas por arqueólogos como Xurxo Ayán, Rafael RodrÃguez, Antonio de la Peña ou o canteiro José Cernadas, máximo coñecedor dos petróglifos de Carnota. Unha porcentaxe dos asistentes ás Barferencias suben despois os montes de Lira para ver in situ os traballos arqueolóxicos e un guÃa especializado realiza continuamente visitas ao xacemento.
A atención aos nenos
Os nenos teñen unha atención especial dentro do proxecto, como preservadores da memoria dos xacementos arqueolóxicos unha vez que desaparezan as xeracións que mantiveron unha relación directa co antigo folclore destas localizacións. A través de obradoiros da escola de verán, os nenos debuxan e recrean os petróglifos de Carnota, ou aprenden a confeccionar cerámica castrexa. Os rapaces do concello subirán este sábado 21 en excursión ao xacemento, onde se deseñou un programa de actividades de visitas e contacontos para que coñezan a Torre dos Mouros e o seu rico universo simbólico, resumido no logotipo do proxecto: o cabaliño de ouro soterrado baixo a Torre dos Mouros.
De feito, unha tónica habitual dos visitantes locais cando chegan á intervención é preguntar se apareceu o cabaliño de ouro. AÃnda non foi o caso, pero os visitantes descubren con abraio todo o que si soterraba o recinto baixo da Torre dos Mouros. E, se cadra, facer subir aos visitantes ata o xacemento arqueolóxico -que ten unha das vistas máis espectaculares da Costa da Morte- sexa o verdadeiro tesouro gardado polos mouros durante xeracións de mitoloxÃa.