Conferencias, obradoiros para nenos e o seguemento en tempo real nas redes sociais das diferentes partes do proxecto cientÃfico e xornalÃstico. Un equipo interdisciplinar de arqueólogos, xornalistas e a participación social iniciou un proxecto de investigación arqueolóxica no xacemento de Torre dos Mouros, unha gran fortificación ubicada sobre a poboación de Lira (Carnota). O proxecto está promovido polo concello de Carnota coa colaboración de Malde ArqueoloxÃa, o Instituco de Ciencias de Patrimonio do CSIC, o Grupo de Novos Medios da USC e a colaboración de diferentes empresas do ámbito cultural, como DeHistoria, Cool Touring ou Demo Editorial.
O obxectivo do proxecto Torre dos Mouros é a determinación da cronoloxÃa do xacemento e a súa funcionalidade, xa que se diferencia en dimensións e monumentalidade doutros xacementos fortificados da Idade do Ferro ou da Idade Media que hai na zona. A intervención arqueolóxica está acompañada dunha gran cantidade de eventos de socialización e divulgación, como "barferencias" (conferencias nos bares) e obradoiros con nenos. Mañá sábado, ás 09.30 h. comezará tamén na rede a difusión en tempo real da intervención a través dos diferentes perfÃs en redes sociais e a web do evento.