Aprobada a restauración do castelo de Moeche

Moeche, mans á obra

| Santiago. Redacción. | Seccións: Historia
Compartir:

Os Ministerios de Fomento e Educación aprobaron unha subvención de máis de 240.000 euros para a restauración do castelo de Moeche, na comarca de Ferrol. Esta axuda supón arredor do 50 por cento do total do custe das obras. O castelo, de finais do século XIV, pertenceu á familia dos Andrade e foi tomado polos labregos durante as revoltas do século XV. Hoxe en día é moi coñecido polo Festival Irmandiño que se celebra no edificio na terceira semana de agosto.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moeche, Castelo, Educación

Claves

Conceptos
Lugares