Xinzo da Limia e Moeche celebran senllas festas históricas

Dos romanos ós Irmandiños

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

A paixón pola historia non cesa no verán galego. Un campamento romano, roupas de época, subastas de "escravos" e carreiras de cuádrigas xúntanse na I Festa do Esquecemento que se celebra en Xinzo da Limia. Namentres, no norte do país, os veciños de Moeche organizan o xa tradicional Festival Irmandiño ó pé do castelo durante todo o fin de semana.

Ave, limegos!


En Xinzo da Limia, a Asociación Cultural Civitas Limicorum e o Concello organizan a I Festa do Esquecemento, un evento que durante todo o fin de semana conmemorará o paso do río Limia polas lexións romanas de Décimo Xuño Bruto.


Un circo e un campamento romanos, bailes da época e representacións teatrais marcarán o fin de semana. A tarde do sábado adicarase ás danzas celtas e romanas e ás 21:30 horas poderanse ver carreiras de cuádrigas no circo romano. Para os máis pernoitadores, ás 01:30 h. farase unha invocación á deusa Belona no campamento romano. O domingo ás 13:00 h. realizarase o acto central da Festa: a escenificación do paso do río Límia -que os romanos chamaran do Esquecemento-.



Un festival xa tradicional


No concello norteño de Moeche celebrarase hoxe pola noite o xa tradicional evento das noites galegas: a XXII edición do Festival Irmandiño. Ós pés do castelo, e dende as nove da noite, os grupos Airiños dos Carrís, La Hermana Cruel, UZ, o escocés Gordon Duncan e remata cos búlgaros de Nastinarka.


A medianoite, e despois do pregón, o castelo do século XIV, que pertencera á familia dos Andrade, volverá a ser asaltado polas forzas irmandiñas.


Hai zonas de acampada e aparcamento gratuitas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, Moeche, Castelo

Claves

Conceptos
Lugares