Aira Editorial publica novas BDs de Fon e do dúo Abel Alves e Jorge Campos

José Ángel Ares corre co debuxo de En camino con La Cúpula

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Aira Editorial publica novas BDs de Fon e do dúo Abel Alves e Jorge Campos

A editorial ourensá Aira continúa a súa aposta pola banda deseñada do país con dous novos lanzamentos. Gazafellos é o último traballo Fon, nome artístico de Alfonso Barreiro para público a partir de oito anos. A obra narra as aventuras que corren Tiago e Mouro cando descobren, no fondo de bosque, as estrambóticas criaturas que titulan a obra. Canda a esta, o dúo creativo formado polo guionista Abel Alves e o debuxante Jorge Campos asinan O destino de Kameko, unha historia de aventuras ambientada no Xapón medieval protagonizada por unha misteriosa moza que é perseguida por un asasino.

Pola súa banda, o debuxante José Ángel Ares, nado en Bilbao e hai anos residente en Compostela, asina os debuxos de En camino. A novela gráfica de 170 páxinas a branco e negro ve a luz da man da editora La Cúpula con guión do catalán Paco Hernández. A obra narra a peregrinación de Emma, unha debuxante que se bota a facer o Camiño de Santiago sen moita preparación e as aprendizaxes que fai durante a ruta.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fon, Jorge Campos, José Ángel Ares, Debuxo...