O gato Muncho e as carrilanas protagonizan os novos lanzamentos da BD galega

O guionista Fernando Llor presenta El libro endemoniado

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O gato Muncho e as carrilanas protagonizan os novos lanzamentos da BD galega

Tres novos títulos súmanse á oferta da BD de autoría galega para público infantil e xuvenil. Da man de Antela Editorial chega ás librarías en galego, español e portugués A busca de Muncho, obra debut de Tiago Delgado. Esta banda deseñada de fantasía narra as aventuras do gato protagonista na procura do seu sombreiro.

Orientada a un público a partir de 5 anos, o lanzamento conta con 60 páxinas a toda cor a achegar unha historia chea de sorpresa, amizade, enigmas e misterio na que se salienta "o valor da amizade e do compañeirismo".

Pola súa banda, Esteban Souto publica con Xerais Carrilanas bestiais. Na súa primeira obra de BD, o autor conta a competición entre dúas bandas de crianzas por ter a mellor carrilana durante unhas vacacións de verán. A obra, de 64 páxinas a cor, está orientada a público a partir de seis anos.

Finalmente, o guionista Fernando Llor continúa a súa carreira no mercado estatal con El libro endemoniado. Esta historia, ilustrada pola granadina Alicia García, conta a historia dun trío de peculiares heroes que debe cumprir unha complexa misión para manter a felicidade do reino. A obra conta con 120 páxinas a toda cor e está destinada a lectoras e lectores a partir de 12 anos.

Que che parece esta nova?
126 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Portugués, Esteban Souto

Claves

Protagonistas