O guionista vigués Fernando Llor acaba de lanzar, da man de Spaceman Rocket, a adaptación a banda deseñada de El Último Día, novela de temática zombie ambientada en Vigo de J. P. González. Canda a el, participan nesta versión o debuxante Ángel Bernuy e cor de José Amaro e Luis María Dumont. A obra, de 112 páxinas a cor está dispoñible no web da editorial, onde tamén se pode ler un adianto de 28 páxinas.
Outro autor galego que continúa carreira a nivel estatal é o debuxante José Ángel Ares, que viu publicada recentemente o segundo volume da serie El Rey de la Carretera en Aleta Edicións. El valle de la muerte é volume a toda cor de 64 páxinas no que continúan as aventuras deste personaxe con guión de Josep Busquet.
En paralelo a estes lanzamentos, está a chegar ás librarías Canción para afundir flores no mar, obra coa que Oliver Añón se impuxo na última edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. A edición corre por conta da propia Deputación da Coruña.