As alumnas da USC vístense de homes en homenaxe a Concepción Arenal

É unha das actividades do ano Concepción Arenal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Alumnas e profesoras celebrando o nacemento de Concepción Arenal nesta acción performativa. Foto: USC

Alumnas e profesoras celebrando o nacemento de Concepción Arenal nesta acción performativa. Foto: USC

Para poder asistir ás aulas de Dereito na Universidade Central de Madrid, Concepción Arenal tivo que vestirse de home. Para conmemorar o feito, alumnas, profesoras e persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago vestíronse onte con traxes masculinos do século XIX para rendir homenaxe a unha das pensadoras máis destacadas do século XIX. A actividade, que continúa hoxe na Facultade de Medicina, enmárcase nas actividades do ano Concepción Arenal que está a celebrar a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con outras entidades.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concepción Arenal, USC, Medicina, Universidade de Santiago de Compostela...