A Biblioteca Nacional inaugura unha exposición dedicada a Concepción Arenal

Madrid acolle esta iniciativa ata o vindeiro 4 de abril de 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A Biblioteca Nacional inaugura unha exposición dedicada a Concepción Arenal

Cando remata o ano no que se cumpriron 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, a Biblioteca Nacional de España inauguraba este 15 de decembro unha exposición dedicada á pensadora ferrolá. Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893 busca dar a coñecer "a pensadora máis importante do século XIX e unha figura clave da cultura española na forxa dunha conciencia nacional liberal".

A mostra articúlase a partir de textos, manuscritos, obxectos e imaxes vinculadas á vida da autora e segue o seu percurso vital, a visitar os lugares nos que viviu, entre eles Ferrol, Coruña ou Vigo. Canda a isto, catro espazos temáticos sobre a súa vida persoal o seu labor activista ou os seus valores compoñen o proxecto, que estará aberto ata o vindeiro 4 de abril.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concepción Arenal, Biblioteca Nacional, Madrid, Ferrol...

Claves

Protagonistas