
Blanca Portillo é a actriz que encarna a vida de Concepción Arenal e conta no elenco con actores galegos como Mabel Rivera, Xosé Barato, Luísa Merelas ou Isabel Naveira. O filme rodouse en varias localidades da Coruña, e no castelo de San Felipe de Ferrol e o mosteiro de Santa Catalina de Ares. A visitadora de cárceres insírese na liña de traballo de Zenit sobre a biografía de grandes personalidades femininas de Galicia que arrincou en 2011 con Emilia Pardo Bazán e que está a preparar outro sobre Rosalía de Castro para o ano 2013.
O filme emitirase na TVG neste 2012, mentres que TVE prepara a súa estrea para o vindeiro 8 de marzo, no marco da programación do 8 de marzo de 2013.