O Museo de Pontevedra ven de sumarse á conmemoración do segundo centenario do nacemento da pensadora Concepción Arenal coa publicación da obra Concepción Arenal. Obra dramática. Trátase dunha transcrición de algúns dos fondos orixinais que custodia a institución e que permaneceron inéditos ou case inéditos ata o momento realizada por Eva Pena RodrÃguez e Mª Jesús Fortes Alén: oito obras de teatro en verso moi representativas da faceta literaria, menos coñecida e difundida que a súa produción teórica e social da autora.
Esta publicación permite a lectura dos orixinais da producción escénica de Arenal que custodia o Museo por decisión dos seus herdeiros, que confiaron na institución para preservalos para o futuro. O estado dos manuscritos segundo o Museo é moi desigual. Algúns consérvanse como borradores nos que houbo que facer un cotexo dos distintos apuntamentos para darlle un sentido lóxico á trama ata o seu desenlace. De feito, un dos dramas, 'Des Angles', está inacabado. Outros, pola súa presentación, encadernación e caligrafÃa pode dicirse que foron dados por terminados pola propia autora, incluso o titulado 'Los hijos de Pelayo', que ela mesma describiu como drama lÃrico e que foi considerada por varios coetáneos e investigadores actuais como o libreto dunha zarzuela.
O pensamento de Concepción Arenal está moi presente nestas obras. O sentido da honra, o perdón, a redención, a fidelidade, os conflictos persoais internos e o difÃcil papel da muller da época, que intenta impoñerse aos designios que para ela teñen trazados os protagonistas masculinos, son unha constante nestas páxinas. A súa lectura, áxil e entretida, trasláda ao lector a conflictos que perduran na actualidade porque son inherentes á condición humana.