A RAG homenaxea a Xosé Ramón Barreiro no seu primeiro cabodano

Universidade de Santiago e Consello da Cultura participan da conmemoración

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A RAG homenaxea a Xosé Ramón Barreiro no seu primeiro cabodano

A coincidir coa celebración do primeiro aniversario do falecemento do historiador Xosé Ramón Barreiro, a Real Academia Galega organiza unha homenaxe ao que foi o seu presidente. Este 17 de marzo, a partir das 17 horas, a sede da RAG na Coruña acollerá o evento, no que tamén participan a Universidade de Santiago de Compostela e mais o Consello da Cultura Galega.

No encontro, que terá entrada libre e se retransmitirá no Youtube da RAG, Ramón Villares trazará o perfil biográfico do homenaxeado. Canda a el, o académico Pegerto Saavedra, Xosé Ramón Rodríguez Lago, Ana Romero Masiá e Emilio Grandío Seoane profundarán no destacado legado intelectual que deixou na súa obra. O encontro finalizará cunha interpretación da violonchelista Margarida Mariño, que interpretará a Sarabande da Suite III de Bach e mais versións de Negra sombra e Lela.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, Universidade de Santiago de Compostela...