O Consello da Cultura, a USC, a Real Academia e a Consellaría de Cultura solidarízanse co historiador Dionisio Pereira

Todos con Dionisio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A denuncia da que foi obxecto o historiador Dionisio Pereira por afirmar que un veciño de Cerdedo organizara a represión franquista naquela zona está a motivar unha vaga de solidariedade. Esta mañá o historiador e presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández,; o rector da Universidade de Santiago, Senén Barro e a Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, sumábanse aos apoios para este persoeiro. Villares rexeitou a denuncia como “intento de coartar a necesaria liberdade intelectual do investigador”.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Dionisio Pereira, Xosé Ramón Barreiro, Ánxela Bugallo...