Dionisio Pereira leva o premio Vidal Bolaño mentres continúa a recibir apoios

Apoios dionisíacos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O colectivo Redes Escarlata outorgoulle ao historiador Dionisio Pereira e mais á asociación Verbo Xido, que el fundou, o premio Roberto Vidal Bolaño. A entrega do galardón farase o vindeiro día 23 en Cerdedo, nun acto que quere apoiar o investigador na demanda que ten aberta por sinalar os responsables da represión franquista nesta vila. Ao tempo, continúan as adhesións ao manifesto que reclama a fin do proceso contra Pereira.

Máis información no web das Redes Escarlata, en Galicia Hoxe, en Vieiros, o comunicado no webSiñor Afranio, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dionisio Pereira, Vieiros, Redes Escarlata, Roberto Vidal Bolaño...