O catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na Universidade de Santiago Xosé Ramón Barreiro Fernández falecía na madrugada deste 17 de xaneiro no sanatorio da Coruña onde estaba ingresado. Barreiro, nado en Ribeira en 1936, conseguira especial relevancia pública ao ocupar a presidencia da Real Academia Galega entre 2001 e 2010, nunha época na que abordou importantes reformas na institución. Ao longo da súa carreira desenvolveu traballo sobre cuestións como o campesiñado galego, o Rexurdimento, o Carlismo ou a imprenta en Galicia, e foi ademais autor de diferentes estudos e dunha minuciosa biografía sobre a figura de Manuel Murguía que publicou en 2012.
A importancia do seu traballo reportoulle recoñecementos como o Premio da Crítica estatal de 1982, a Medalla Castelao, a Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ou o Premio da Asociación de libreiros. Foi membro do plenario do Consello da Cultura Galega desde 1983 ata 2010 e participou de entidades como a Fundación Rosalía, o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, o Centro de Estudios Xacobeos, o Instituto José Cornide, ou o Seminario de Estudios Galegos.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, sinalou que "é unha gran perda para a investigación sobre a historia de Galicia pero tamén para toda a cultura galega, tanto polo que fixo en defensa da lingua e da cultura como pola súa actividade permanente en institucións como a Universidade de Santiago, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega. E a Real Academia Galega, nun comunicado, expresou o seu "fondo pesar" polo pasamento de quen fora presidente da institución entre 2001 e 2010.