
No programa atópanse un total de 18 estreas en Galicia, 4 estatais e a presentación mundial do filme As maos da pulpeira, dirixido por Silvia Cachafeiro. A obra, que combina actuacións profesionais con amadoras, ten como protagonista esta tradicional figura do Carballiño e explica a súa historia a través da ollada de dúas mulleres.
A sección Xentes concentra as propostas a concurso, con 22 producións internacionais e catro galegas, que poderán optar tamén ao galardón "Xentes de aquÃ". A este bloque súmase o apartado Xénese, no que se amosan curtas de menores de 30 anos de toda a PenÃnsula Ibérica, con premios a cargo dun xurado novo.
A competición inclúe tamén a sección Videoclip, centrada en producións galegas e cuxos traballos gañadores son escolleitos por votación popular a través de redes sociais. Un espazo dedicado a curtametraxes infantÃs completa as proxeccións desta xeira, que tamén contará cun obradoiro infantil de sonorización e dobraxe para crianzas de ata 12 anos.






