As Xociviga reinvéntanse e levan cincuenta curtas ao Carballiño

As históricas Xornadas de Cine e Vídeo desenvólvense entre os días 20 e 23 de novembro

19/11/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Co nome Xociviga. Ano 0 as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia achegarán ao Carballiño cincuenta proxeccións de curtametraxes entre o 20 e 23 de novembro. O histórico encontro do audiovisual galego reinvéntase cando fai catro décadas e reoriéntase cara ao formato breve.

Producións de trinta países compoñen a programación desta cita, que se artella nas seccións Xente, Xénese, dedicada á novos nomes do sector, e Videoclips. Unha estrea mundial, unha internacional, tres curtas que debutan en España e vinte que nunca se viron en Galicia fan parte dun programa que aposta con forza pola animación para adultos.

Nas seccións paralelas, Xermolar achegará unha selección de filmes para o público máis cativo, mentdres os centros de ensino da localidade acollerán proxeccións do filme Comizi d'amore de Pier Paolo Pasolini e farase unha aproximación ao cinema feito no Carballiño.

Ademais do xurado profesional, o certame contará cun comité de público novo para a sección Xénese e cun premio do público escolleito por votación.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballiño, Xociviga, Cine, Animación...

Claves

Entidades
Conceptos