Comezan en Carballiño unha nova edición das Xornadas de Cine e Vídeo

Xociviga

31/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Organizadas exclusivamente polo concello, hoxe comezan en Carballiño unha nova edición das Xociviga. As históricas xornadas de cine e vídeo de Galicia pretenden seguir fieis aos seus principios exhibindo o audiovisual do país. Uxía Blanco será a encargada de abrir esta noite a vixésimo cuarta edición, unha gala de apertura na que se proxectará “Hotel Tívoli". Ademais, a concelleira de cultura, Inmaculada Ucha asegura que as xornadas deben abrir “novos horizontes buscando unha maior implicación e participación cidadá”. Entre eles, a concelleira tamén avanzou a posibilidade de retomar a idea de crear un padroado que garantise a continuidade das xornadas.

Máis información na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xociviga, Cine, Carballiño, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares