As Xociviga non terán unha fundación que asegure a súa continuidade

O final da película

7/2/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As Xociviga son as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia que se celebran no Carballiño. Teñen o privilexio de ser as máis antigas de Galicia e a súa historia está chea de atrancos e dificultades. O ano pasado, cando se cumpría a 19ª edición anunciaron a creación dunha Fundación, promovida desde a Xunta, que aseguraba a súa continuidade. Agora, Anxo Santomil, persoa designada polo concello para organizar a anterior edición e desenvolver o proxecto de conversión en fundación, acaba de anunciar en "La Voz de Galicia" que “a Consellería de Cultura non ten interese en promover unha fundación para as Xociviga”, e que o Concello do Carballiño volverá asumir a dirección das xornadas, que se desenvolverán na primeira semana de agosto.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xociviga, La Voz de Galicia, Carballiño, Cine...